Local Regional local
Galicia
LA VOZ DE GALICIA Pág.   Miercoles, 13/08/2003

Autor:
 
       
 
Na «Memoria Resumen para el abastecimiento de agua a Lugo» proponse a construcción dunha presa de 39,5 
 
     
     
 

[1423 Caracteres]
Na «Memoria Resumen para el abastecimiento de agua a Lugo» proponse a construcción dunha presa de 39,5 metros de altura no río Narla, entre os concellos de Outeiro de Rei e Lugo. Dende o punto de vista de Adega ningun dos problemas alegados para a construcción xustifica nin de lonxe levar a captación ó río Narla e moito menos cunha presa das dimensións que se propoñen no proxecto. En relación á calidade compre completar as infraestructuras de depuración de augas residuais e demáis vertidos para cumplir cos obxectivos de calidade previstos no Plan Hidrolóxico Norte. O mellor e máis económico é aumentar a capacidade de almacenamento para cubrir os períodos ocasionais de contaminación. En relación á cantidade resulta difícil de entender que non se podan bombear 650 litros por segundo do río Miño e si se podan bombear dende o río Narla. En relación ós episodios de inundación, queremos recordar que a actual estación de tratamento vén de ser ampliada recentemente sen que entón se lle puxeran problemas de ubicación. Así pois, sabendo os graves impactos sobre o entorno natural dos encoros e á vista da falta de xustificación desta presa, a nosa proposta será a de rexeitar por completo esta presa no Narla e trasladar a inversión prevista para ela a completar o saneamento integral da cunca do Miño e promover outros modelos de consumo orientados a reducción da demanda de auga potable. Lois Toirán. Adega. Lugo.